Unha das nosas mestras de inglés, Elena, prticipou no Programa PIALE (organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) dende o 11 de novembro de 2019 ao 9 de decembro dese mesmo ano.
Os participantes poden impartir docencia na Educación Primaria e Secundaria, Formación Profesional, Escolas de Idiomas, Conservatorio de Música, etc.
No seu caso, a estancia no estranxeiro tivo lugar en Ottawa, Canadá. O centro educativo que lle foi asignado é o Centennial Public School (https://centennialps.ocdsb.ca/), que pertence ao distrito escolar de Ottawa-Carleton. Alí puido coñecer e descubrir novos enfoques e metodoloxías para logo traelas ao CEIP Albeiros.
No enlace que a continuación se ofrece podedes botar unha ollada a todo o que Elena lles ensinou aos nenos e nenas de Albeiros e ás experiencias desta mestra durante a súa estadía en Ottawa.
https://drive.google.com/file/d/1XAxg_253pzYntz3nDxg5uRCpiQRd7bx4/view?usp=sharing
0 comentarios:
Publicar un comentario