Este ano a temática do entroido foron "os oficios". Nestas imaxes podedes ver o bonitos que quedaron os disfraces.
viernes, 21 de febrero de 2020
miércoles, 19 de febrero de 2020
MAR INTERIOR
Hoxe, o alumnado de 6º fixo unha visita á Deputación Provincial de Lugo para participar no obradoiro científico "Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia". Alí puideron coñecer, de primeira man, os océanos, a súa riqueza e o coidado e respecto do medio mariño.
viernes, 14 de febrero de 2020
PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras)
Unha das nosas mestras de inglés, Elena, prticipou no Programa PIALE (organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) dende o 11 de novembro de 2019 ao 9 de decembro dese mesmo ano.
Os participantes poden impartir docencia na Educación Primaria e Secundaria, Formación Profesional, Escolas de Idiomas, Conservatorio de Música, etc.
No seu caso, a estancia no estranxeiro tivo lugar en Ottawa, Canadá. O centro educativo que lle foi asignado é o Centennial Public School (https://centennialps.ocdsb.ca/), que pertence ao distrito escolar de Ottawa-Carleton. Alí puido coñecer e descubrir novos enfoques e metodoloxías para logo traelas ao CEIP Albeiros.
No enlace que a continuación se ofrece podedes botar unha ollada a todo o que Elena lles ensinou aos nenos e nenas de Albeiros e ás experiencias desta mestra durante a súa estadía en Ottawa.
https://drive.google.com/file/d/1XAxg_253pzYntz3nDxg5uRCpiQRd7bx4/view?usp=sharing
Suscribirse a:
Entradas (Atom)