sábado, 21 de diciembre de 2019

FELICES FESTAS

0 comentarios
A Comunidade Educativa do Ceip Albeiros desexámosvos unhas Felices Festas!.


FESTIVAL DE NADAL

0 comentarios
Como todos os anos o Nadal tamén chegou ao noso Centro. Nesta presentación podedes ver o bonito que quedou o colexio coa nosa decoración.


No festival de Nadal levamos a cabo as seguintes actuacións que foron moi aplaudidas polo público.

"Camiño de Viseu" alumnado de 5 anos.
                                       

"Panxoliña dos Beatles" alumnado de 4º de Primaria.
                                      

"Los calzoncillos de Papá Noel" 3º B de Primaria.

Obra de teatro: "El pequeño Abeto".


"Graffiteros" Coreografía. 5º B

"Remix Reggaeton" 6º A.

"O pelo roxiño" 6º B.

martes, 29 de octubre de 2019

AFUNDACION

0 comentarios
Estes días  alumnado do centro visitou a seda de Afundación onde realizaron diferentes actividades dentro do programa: "Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios".
Concretamente o alumnado de terceiro de primaria participou na actividade  "Pachakuti wawakuna", e o alumnado de quinto de primaria no que levaba por título: "Tinkukuy qhiswa".





martes, 1 de octubre de 2019

lunes, 30 de septiembre de 2019

BALONMAN

0 comentarios
Grazas á colaboración do CB Lucus, hoxe e mañá estará un técnico da Federación Galega de Balonman entrenando co noso alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria.



lunes, 24 de junio de 2019

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

0 comentarios

Felices Vacacións!!

0 comentarios
Rematamos as clases con moito ritmo e co xa clásico partido entre @s de Sexto e @s Profes
Os nen@s de 5 anos despedíronse de Infantil proclamándose
  Amigos para sempre

miércoles, 19 de junio de 2019

Sotavento

0 comentarios
Nesta ocasión foron os nen@a de 5ºP os que visitaron as instalacións do Parque Eólico de Sotavento, como  xa fixeron  no seu momento os de 6ºP

martes, 18 de junio de 2019

Músic@s de Albeiros

0 comentarios
Baixo a batuta do profe Carlos creamos e interpretamos composicións musicais.


viernes, 14 de junio de 2019

Teatro: AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA

0 comentarios
Hoxe no cole tivemos unha actuación de luxo;  alumn@s de diferentes cursos dirixidos pola profe Chus fixeron unha adaptación da obra de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Pasamos un rato moi divertido, xa que o teatro cumpre coa súa función lúdica pero tamén é un interesante recurso didáctico con gran potencial educativo,é unha estratexia pedagóxica motivadora e unha ferramenta ideal para transmitir valores.

jueves, 6 de junio de 2019

Club Voleibol Emeve

0 comentarios
Hoxe, tivemos o luxo e o privilexio de contar con seis xogador@s do Emeve que viñeron dar unha clase "maxistral" para 4º, 5º e 6º de Primaria

miércoles, 5 de junio de 2019

Os nosos PITIÑOS

0 comentarios
Estes días no cole somos  máis😃 No Parvulario naceron 13 PITIÑOS
Os máis pequeniños foron os encargados de meter os ovos na incubadora á temperatura e humidade precisa
A espera fíxose longa e cada día contabamos no calendario os días que faltaban para que pasasen os 21 que tiñamos que agardar. Aproveitamos para facerlles unha casiña e poñela acolledora
GHEGOU O DÍA
Se queres ver con detalle como naceron preme aquí

Agora coidámolos e divertímonos con eles





lunes, 3 de junio de 2019

Visita a AVIFAUNA

0 comentarios
Nen@s  de Infantil, 1º e 2º Primaria  visitaron o Parque  Ornitolóxico de AVIFAUNA


Picar@s no Mercado

0 comentarios
Os nen@s de Infantil de 3 e 5 anos participaron  nesta experiencia ofertada polo Concello e pensada para dar a coñecer aos nen@s o Mercado Municipal e a Praza de Abastos

martes, 28 de mayo de 2019

Concurso "Que é a morte para ti?"

0 comentarios
As nosa compañeiras  Celia Rodríguez Fernández e Lucía Latas Cabado veñen de proclamarse gañadoras do concurso  "Que é a morte para ti?" cuxo obxectivo é expresar á realidade dun falecemento  sen dramatismo.
O premio  consistiu en dúas entradas  para o derradeiro partido do Cafés Candelas Breogán


Revista MIUZALLAS

0 comentarios

sábado, 25 de mayo de 2019

PIRAGÜISMO

0 comentarios
Un ano máis  gozamos dunha fermosa xornada practicando piragüismo axudados polos monitores do  CLUB PIRAGÜISMO CIDADE DE LUGO

martes, 21 de mayo de 2019

Final dos Xogos Romanos

0 comentarios
O domingo 19 de Maio celebrouse no Casino de Astorga a Final dos Xogos Romanos, nos que o noso cole participa dende fai anos. Nesta ocasión David Nieto gañou na categoría Alevín co xogo do Muíño. NORABOA compañeiro🏆

domingo, 19 de mayo de 2019

Semana das Letras Galegas e os Maios

0 comentarios
Una semana para celebrar e pregoar a importancia da nosa lingua, tendo como protagonista  a Antonio Fraguas
Contos na biblioteca
Festa dos maios; recitado de poemas, regueifas, rap,cantigas,...
Tamén participamos na proposta Mail Art do IES "Antonio Fraguas" de Santiago de Compostela

miércoles, 8 de mayo de 2019

Festa do Correlingua

0 comentarios
Hoxe participamos na carreira do Correlingua, os nosos compañeiros de 6ºB cantaron o seu rap e mesmo gañamos  premio pola nosa pancarta👏👏👏
                                           

lunes, 6 de mayo de 2019

Maxia no cole

0 comentarios
 Hoxe gozamos dunha sesión de maxia da man de MARTILDA

domingo, 5 de mayo de 2019

Visita dos xogadores do BREOGÁN

0 comentarios
Os xogadores do Breogán, Ricardo Uriz e Sergi Quintela estiveron no cole dando unha charla e contestando as preguntas dos alumnos de 5º e 6º de Primaria

jueves, 25 de abril de 2019

Xogos romanos

0 comentarios
Un ano máis participamos na actividade dos Xogos Romanos, hoxe fixemos a primeira fase de formación e mañá comezaremos o torneo interno na Biblioteca

martes, 9 de abril de 2019

Gañadores de novo no CORRELINGUA!!

0 comentarios
Por segundo ano consecutivo os nenos e nenas de 6ºB gañaron o concurso de Correlingua, nesta ocasión foi na modalidade de vídeo; premede no seguinte enlace e veredes que ben merecido o teñen polo fantástico traballo e polo bos actores e cantantes que son.
👏👏👏PARABÉNS compañeir@s👏👏👏
http://correlingua.gal/noticias/paroleiros-e-o-grupo-ganador-do-concurso-de-video-na-categoria-de-infantil-e-primaria/

Entrega do Premio de primaria do Correlingua:  martes 9 de abril no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro  en Pontevedra. Pola mañá fixeron unha visita guiada e un obradoiro no PAAR, logo xantaron alí e despois de xantar foron a Pontevedra, onde asistiron a unha sesión de contacontos.Os nosos compañeir@s desfrutaron  do seu gran día como grandes artistas que son.


6º A visita Mondoñedo e a Praia das Catedrais

0 comentarios

sábado, 6 de abril de 2019

Rosalía Sempre Viva 2019

0 comentarios
Hoxe o noso cole participou no concurso de Rosalía Sempre Viva que chega a súa quinta edición. Temos a honra de ser o único colexio de Galicia que ten participado en todas as edicións anteriores.
Na 1ª categoría os nen@s de 1ºA gañaron o primeiro premio recitando unha mestura de poemas de animais de Manuel María.
Na segunda categoría Bieito Martínez Bermúdez de 6ºB recibiu os parabéns do xurado pola dificultade da poesía que recitou: "Eu cantar, cantei" de Rosalía de Castro.
PARABÉNS para tod@s!!


viernes, 5 de abril de 2019

Día das ARTES GALEGAS

0 comentarios
O pasado día 1 de Abril celebrmos o Día das Artes Galegas. O autor homenaxeado este ano é Luis Seoane

lunes, 1 de abril de 2019

Visitas ao Centro de Interpretación do río Rato

0 comentarios
Esta primavera estamos moi viaxeiros; moitos de nós tivemos a oportunidade de achegarnos ao Centro de Interpretación do Río Rato e gozar dun paseo guiado pola súa beira.
Da man de Puri, Marta, Ana e Pedro coñecemos o "Muíño do tendeiro"alí vimos todos os seus recunchos que agochan moita información arredor da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Vimos a sala do bosque, a sala do río,  a sala das imaxes,..  e demos un fermoso paseo observando a biodiversidade, a natureza, e a paisaxe do noso río.
EI 5A
1º P
2ºP
3ºP
 4ºP
 5ºP
6ºP



martes, 26 de marzo de 2019

ONDA CERO

0 comentarios
Os nosos nen@s seguen facendo de locutores na radio, nesta ocasión podedes escoitar aos ALUMN@S DE 5ºA

viernes, 22 de marzo de 2019

Día da ÁRBORE da auga e da poesía

0 comentarios
Hoxe celebramos o día da árbore da auga e da poesía, os nen@a de 6º fixeron de mestr@s de cerimonia falándonos un pouco das árbores que temos máis preto,  fixeron unha fermosa poesía sobre o tema; plantamos dous bidueiros e rematamos lendo un manifesto no que nos comprometemos a coidar a natureza

 

O COLE DE ALBEIROS Copyright © 2012 Design by Ipietoon Blogger Template