lunes, 24 de junio de 2019

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

0 comentarios

Felices Vacacións!!

0 comentarios
Rematamos as clases con moito ritmo e co xa clásico partido entre @s de Sexto e @s Profes
Os nen@s de 5 anos despedíronse de Infantil proclamándose
  Amigos para sempre

miércoles, 19 de junio de 2019

Sotavento

0 comentarios
Nesta ocasión foron os nen@a de 5ºP os que visitaron as instalacións do Parque Eólico de Sotavento, como  xa fixeron  no seu momento os de 6ºP

martes, 18 de junio de 2019

Músic@s de Albeiros

0 comentarios
Baixo a batuta do profe Carlos creamos e interpretamos composicións musicais.


viernes, 14 de junio de 2019

Teatro: AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA

0 comentarios
Hoxe no cole tivemos unha actuación de luxo;  alumn@s de diferentes cursos dirixidos pola profe Chus fixeron unha adaptación da obra de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Pasamos un rato moi divertido, xa que o teatro cumpre coa súa función lúdica pero tamén é un interesante recurso didáctico con gran potencial educativo,é unha estratexia pedagóxica motivadora e unha ferramenta ideal para transmitir valores.

jueves, 6 de junio de 2019

Club Voleibol Emeve

0 comentarios
Hoxe, tivemos o luxo e o privilexio de contar con seis xogador@s do Emeve que viñeron dar unha clase "maxistral" para 4º, 5º e 6º de Primaria

miércoles, 5 de junio de 2019

Os nosos PITIÑOS

0 comentarios
Estes días no cole somos  máis😃 No Parvulario naceron 13 PITIÑOS
Os máis pequeniños foron os encargados de meter os ovos na incubadora á temperatura e humidade precisa
A espera fíxose longa e cada día contabamos no calendario os días que faltaban para que pasasen os 21 que tiñamos que agardar. Aproveitamos para facerlles unha casiña e poñela acolledora
GHEGOU O DÍA
Se queres ver con detalle como naceron preme aquí

Agora coidámolos e divertímonos con eles





lunes, 3 de junio de 2019

Visita a AVIFAUNA

0 comentarios
Nen@s  de Infantil, 1º e 2º Primaria  visitaron o Parque  Ornitolóxico de AVIFAUNA


Picar@s no Mercado

0 comentarios
Os nen@s de Infantil de 3 e 5 anos participaron  nesta experiencia ofertada polo Concello e pensada para dar a coñecer aos nen@s o Mercado Municipal e a Praza de Abastos

 

O COLE DE ALBEIROS Copyright © 2012 Design by Ipietoon Blogger Template