Un ano máis participamos na actividade dos Xogos Romanos, hoxe fixemos a primeira fase de formación e mañá comezaremos o torneo interno na Biblioteca
jueves, 25 de abril de 2019
martes, 9 de abril de 2019
Gañadores de novo no CORRELINGUA!!
Por segundo ano consecutivo os nenos e nenas de 6ºB gañaron o concurso de Correlingua, nesta ocasión foi na modalidade de vídeo; premede no seguinte enlace e veredes que ben merecido o teñen polo fantástico traballo e polo bos actores e cantantes que son.
👏👏👏PARABÉNS compañeir@s👏👏👏
http://correlingua.gal/noticias/paroleiros-e-o-grupo-ganador-do-concurso-de-video-na-categoria-de-infantil-e-primaria/
Entrega do Premio de primaria do Correlingua: martes 9 de abril no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro en Pontevedra. Pola mañá fixeron unha visita guiada e un obradoiro no PAAR, logo xantaron alí e despois de xantar foron a Pontevedra, onde asistiron a unha sesión de contacontos.Os nosos compañeir@s desfrutaron do seu gran día como grandes artistas que son.
sábado, 6 de abril de 2019
Rosalía Sempre Viva 2019
Hoxe o noso cole participou no concurso de Rosalía Sempre Viva que chega a súa quinta edición. Temos a honra de ser o único colexio de Galicia que ten participado en todas as edicións anteriores.
Na 1ª categoría os nen@s de 1ºA gañaron o primeiro premio recitando unha mestura de poemas de animais de Manuel María.
Na segunda categoría Bieito Martínez Bermúdez de 6ºB recibiu os parabéns do xurado pola dificultade da poesía que recitou: "Eu cantar, cantei" de Rosalía de Castro.
PARABÉNS para tod@s!!
viernes, 5 de abril de 2019
Día das ARTES GALEGAS
O pasado día 1 de Abril celebrmos o Día das Artes Galegas. O autor homenaxeado este ano é Luis Seoane
jueves, 4 de abril de 2019
lunes, 1 de abril de 2019
Visitas ao Centro de Interpretación do río Rato
Esta primavera estamos moi viaxeiros; moitos de nós tivemos a oportunidade de achegarnos ao Centro de Interpretación do Río Rato e gozar dun paseo guiado pola súa beira.
Da man de Puri, Marta, Ana e Pedro coñecemos o "Muíño do tendeiro"alí vimos todos os seus recunchos que agochan moita información arredor da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Vimos a sala do bosque, a sala do río, a sala das imaxes,.. e demos un fermoso paseo observando a biodiversidade, a natureza, e a paisaxe do noso río.
Da man de Puri, Marta, Ana e Pedro coñecemos o "Muíño do tendeiro"alí vimos todos os seus recunchos que agochan moita información arredor da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Vimos a sala do bosque, a sala do río, a sala das imaxes,.. e demos un fermoso paseo observando a biodiversidade, a natureza, e a paisaxe do noso río.
EI 5A
1º P
2ºP
3ºP
4ºP
5ºP
6ºP
Suscribirse a:
Entradas (Atom)