A Comunidade Educativa do Ceip Albeiros desexámosvos unhas Felices Festas!.
sábado, 21 de diciembre de 2019
FESTIVAL DE NADAL
Como todos os anos o Nadal tamén chegou ao noso Centro. Nesta presentación podedes ver o bonito que quedou o colexio coa nosa decoración.
No festival de Nadal levamos a cabo as seguintes actuacións que foron moi aplaudidas polo público.
"Camiño de Viseu" alumnado de 5 anos.
"Panxoliña dos Beatles" alumnado de 4º de Primaria.
"Los calzoncillos de Papá Noel" 3º B de Primaria.
Obra de teatro: "El pequeño Abeto".
"Graffiteros" Coreografía. 5º B
"Remix Reggaeton" 6º A.
"O pelo roxiño" 6º B.
martes, 29 de octubre de 2019
AFUNDACION
Estes días alumnado do centro visitou a seda de Afundación onde realizaron diferentes actividades dentro do programa: "Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios".
Concretamente o alumnado de terceiro de primaria participou na actividade "Pachakuti wawakuna", e o alumnado de quinto de primaria no que levaba por título: "Tinkukuy qhiswa".
lunes, 7 de octubre de 2019
martes, 1 de octubre de 2019
lunes, 30 de septiembre de 2019
BALONMAN
Grazas á colaboración do CB Lucus, hoxe e mañá estará un técnico da Federación Galega de Balonman entrenando co noso alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria.
lunes, 2 de septiembre de 2019
lunes, 24 de junio de 2019
Felices Vacacións!!
Rematamos as clases con moito ritmo e co xa clásico partido entre @s de Sexto e @s Profes
Os nen@s de 5 anos despedíronse de Infantil proclamándose
Amigos para sempre
sábado, 22 de junio de 2019
miércoles, 19 de junio de 2019
martes, 18 de junio de 2019
viernes, 14 de junio de 2019
Teatro: AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA
Hoxe no cole tivemos unha actuación de luxo; alumn@s de diferentes cursos dirixidos pola profe Chus fixeron unha adaptación da obra de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Pasamos un rato moi divertido, xa que o teatro cumpre coa súa función lúdica pero tamén é un interesante recurso didáctico con gran potencial educativo,é unha estratexia pedagóxica motivadora e unha ferramenta ideal para transmitir valores.

jueves, 6 de junio de 2019
Club Voleibol Emeve
Hoxe, tivemos o luxo e o privilexio de contar con seis xogador@s do Emeve que viñeron dar unha clase "maxistral" para 4º, 5º e 6º de Primaria
miércoles, 5 de junio de 2019
Os nosos PITIÑOS
Estes días no cole somos máis😃 No Parvulario naceron 13 PITIÑOS
Os máis pequeniños foron os encargados de meter os ovos na incubadora á temperatura e humidade precisa
A espera fíxose longa e cada día contabamos no calendario os días que faltaban para que pasasen os 21 que tiñamos que agardar. Aproveitamos para facerlles unha casiña e poñela acolledora
GHEGOU O DÍA

Se queres ver con detalle como naceron preme aquí
Agora coidámolos e divertímonos con eles
lunes, 3 de junio de 2019
Picar@s no Mercado
Os nen@s de Infantil de 3 e 5 anos participaron nesta experiencia ofertada polo Concello e pensada para dar a coñecer aos nen@s o Mercado Municipal e a Praza de Abastos
martes, 28 de mayo de 2019
Concurso "Que é a morte para ti?"
As nosa compañeiras Celia Rodríguez Fernández e Lucía Latas Cabado veñen de proclamarse gañadoras do concurso "Que é a morte para ti?" cuxo obxectivo é expresar á realidade dun falecemento sen dramatismo.
O premio consistiu en dúas entradas para o derradeiro partido do Cafés Candelas Breogán
O premio consistiu en dúas entradas para o derradeiro partido do Cafés Candelas Breogán
sábado, 25 de mayo de 2019
PIRAGÜISMO
Un ano máis gozamos dunha fermosa xornada practicando piragüismo axudados polos monitores do CLUB PIRAGÜISMO CIDADE DE LUGO
martes, 21 de mayo de 2019
Final dos Xogos Romanos
O domingo 19 de Maio celebrouse no Casino de Astorga a Final dos Xogos Romanos, nos que o noso cole participa dende fai anos. Nesta ocasión David Nieto gañou na categoría Alevín co xogo do Muíño. NORABOA compañeiro🏆
domingo, 19 de mayo de 2019
Semana das Letras Galegas e os Maios
Una semana para celebrar e pregoar a importancia da nosa lingua, tendo como protagonista a Antonio Fraguas
Contos na biblioteca
Tamén participamos na proposta Mail Art do IES "Antonio Fraguas" de Santiago de Compostela
miércoles, 8 de mayo de 2019
Festa do Correlingua
Hoxe participamos na carreira do Correlingua, os nosos compañeiros de 6ºB cantaron o seu rap e mesmo gañamos premio pola nosa pancarta👏👏👏
lunes, 6 de mayo de 2019
domingo, 5 de mayo de 2019
Visita dos xogadores do BREOGÁN
Os xogadores do Breogán, Ricardo Uriz e Sergi Quintela estiveron no cole dando unha charla e contestando as preguntas dos alumnos de 5º e 6º de Primaria
miércoles, 1 de mayo de 2019
jueves, 25 de abril de 2019
Xogos romanos
Un ano máis participamos na actividade dos Xogos Romanos, hoxe fixemos a primeira fase de formación e mañá comezaremos o torneo interno na Biblioteca
martes, 9 de abril de 2019
Gañadores de novo no CORRELINGUA!!
Por segundo ano consecutivo os nenos e nenas de 6ºB gañaron o concurso de Correlingua, nesta ocasión foi na modalidade de vídeo; premede no seguinte enlace e veredes que ben merecido o teñen polo fantástico traballo e polo bos actores e cantantes que son.
👏👏👏PARABÉNS compañeir@s👏👏👏
http://correlingua.gal/noticias/paroleiros-e-o-grupo-ganador-do-concurso-de-video-na-categoria-de-infantil-e-primaria/
Entrega do Premio de primaria do Correlingua: martes 9 de abril no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro en Pontevedra. Pola mañá fixeron unha visita guiada e un obradoiro no PAAR, logo xantaron alí e despois de xantar foron a Pontevedra, onde asistiron a unha sesión de contacontos.Os nosos compañeir@s desfrutaron do seu gran día como grandes artistas que son.
sábado, 6 de abril de 2019
Rosalía Sempre Viva 2019
Hoxe o noso cole participou no concurso de Rosalía Sempre Viva que chega a súa quinta edición. Temos a honra de ser o único colexio de Galicia que ten participado en todas as edicións anteriores.
Na 1ª categoría os nen@s de 1ºA gañaron o primeiro premio recitando unha mestura de poemas de animais de Manuel María.
Na segunda categoría Bieito Martínez Bermúdez de 6ºB recibiu os parabéns do xurado pola dificultade da poesía que recitou: "Eu cantar, cantei" de Rosalía de Castro.
PARABÉNS para tod@s!!
viernes, 5 de abril de 2019
Día das ARTES GALEGAS
O pasado día 1 de Abril celebrmos o Día das Artes Galegas. O autor homenaxeado este ano é Luis Seoane
jueves, 4 de abril de 2019
lunes, 1 de abril de 2019
Visitas ao Centro de Interpretación do río Rato
Esta primavera estamos moi viaxeiros; moitos de nós tivemos a oportunidade de achegarnos ao Centro de Interpretación do Río Rato e gozar dun paseo guiado pola súa beira.
Da man de Puri, Marta, Ana e Pedro coñecemos o "Muíño do tendeiro"alí vimos todos os seus recunchos que agochan moita información arredor da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Vimos a sala do bosque, a sala do río, a sala das imaxes,.. e demos un fermoso paseo observando a biodiversidade, a natureza, e a paisaxe do noso río.
Da man de Puri, Marta, Ana e Pedro coñecemos o "Muíño do tendeiro"alí vimos todos os seus recunchos que agochan moita información arredor da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Vimos a sala do bosque, a sala do río, a sala das imaxes,.. e demos un fermoso paseo observando a biodiversidade, a natureza, e a paisaxe do noso río.
EI 5A
1º P
2ºP
3ºP
4ºP
5ºP
6ºP
martes, 26 de marzo de 2019
ONDA CERO
Os nosos nen@s seguen facendo de locutores na radio, nesta ocasión podedes escoitar aos ALUMN@S DE 5ºA
viernes, 22 de marzo de 2019
Día da ÁRBORE da auga e da poesía
Hoxe celebramos o día da árbore da auga e da poesía, os nen@a de 6º fixeron de mestr@s de cerimonia falándonos un pouco das árbores que temos máis preto, fixeron unha fermosa poesía sobre o tema; plantamos dous bidueiros e rematamos lendo un manifesto no que nos comprometemos a coidar a natureza
Suscribirse a:
Entradas (Atom)