Elixindo xoguetes
* O bombardeo de
publicidade sobre os xoguetes nestas datas fan que as nenas e os nenos
soliciten uns xoguetes concretos e dunhas marcas determinadas, ás veces chegan uns segundos de contacto cos xoguetes nas
tendas para que modifiquen as súas eleccións, pois non son como agardaban.
* O xoguete non é máis
ca un intermediario no xogo, non debe facer todo el só, debe permitir crear
situacións lúdicas diversas, desenvolver a fantasía dos nenos e a súa
capacidade simbólica. Os xoguetes sinxelos estimulan máis a imaxinación.
* Cómpre elixir xoguetes seguros e adecuados á idade dos nenos.
* As nenas e os nenos
deben xogar todo o ano e non só no Nadal, polo que non ten senso acumular todos
os xoguetes nunha data.
*Unha cantidade
excesiva de xoguetes, fai que non se lles dean o valor adecuado e rematen
deteriorados antes do que sería lóxico.
* Un xoguete bo e
educativo é igual de bo, para nenas que para nenos. Hai que procurar mercar
xoguetes non sexistas.
* Un libro é un regalo
que convén ter presente, hainos tan variados como se desexe e con temáticas tan
diferentes como se precise. Existen abondosas coleccións e un abano amplísimo
de prezos.
*Hai que ter en conta a
súa personalidade: un neno ou nena retraído e tímido precisa xogos “socializadores”
onde participen varios xogadores; para un meniño inquedo son máis axeitados
xogos máis tranquilos: de atención, artísticos, etc.
* Non abusar de
consolas, Tablets, móbiles,..lembren que nestas idades estas actividades deben
estar suxeitas a vixilancia e
restrición do adulto.
* Recoméndanse;
instrumentos musicais, libros, dominós de cores e formas, pezas de construción,
diferentes tipos de pinturas, libros para pintar, debuxar, recortar,montar,
xogos de imitación dos adultos (cociñas, bonecas, talleres,coches, camións,
tendas,…), bicicletas, patíns, trens, contos,disfraces, monicreques, xoguetes
articulados, …
Bo Nadal!