martes, 12 de mayo de 2020
miércoles, 4 de marzo de 2020
ADIVIÑA QUEN SON
O alumnado de 3º e 4º de Primaria asistiu hoxe a unha sesión de show/animación de KOREMI: "Adiviña quen son" no Auditorio Municipal "Gustavo Freire".
viernes, 21 de febrero de 2020
ENTROIDO
Este ano a temática do entroido foron "os oficios". Nestas imaxes podedes ver o bonitos que quedaron os disfraces.
miércoles, 19 de febrero de 2020
MAR INTERIOR
Hoxe, o alumnado de 6º fixo unha visita á Deputación Provincial de Lugo para participar no obradoiro científico "Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia". Alí puideron coñecer, de primeira man, os océanos, a súa riqueza e o coidado e respecto do medio mariño.
viernes, 14 de febrero de 2020
PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras)
Unha das nosas mestras de inglés, Elena, prticipou no Programa PIALE (organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) dende o 11 de novembro de 2019 ao 9 de decembro dese mesmo ano.
Os participantes poden impartir docencia na Educación Primaria e Secundaria, Formación Profesional, Escolas de Idiomas, Conservatorio de Música, etc.
No seu caso, a estancia no estranxeiro tivo lugar en Ottawa, Canadá. O centro educativo que lle foi asignado é o Centennial Public School (https://centennialps.ocdsb.ca/), que pertence ao distrito escolar de Ottawa-Carleton. Alí puido coñecer e descubrir novos enfoques e metodoloxías para logo traelas ao CEIP Albeiros.
No enlace que a continuación se ofrece podedes botar unha ollada a todo o que Elena lles ensinou aos nenos e nenas de Albeiros e ás experiencias desta mestra durante a súa estadía en Ottawa.
https://drive.google.com/file/d/1XAxg_253pzYntz3nDxg5uRCpiQRd7bx4/view?usp=sharing
jueves, 30 de enero de 2020
DÍA DA PAZ
Celebramos no cole o día da Paz. Realizamos nubes para inundar de paz o noso corredor e despois xuntámonos todos para bailar xuntos unha canción.
miércoles, 29 de enero de 2020
CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Alumnado de 5º A resultaron gañadores no Concurso de Postais de Nadal convocado por "La Voz de la Verdad". Noraboa a Marco, Carla, Lidia e Álex.!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)