Estes días alumnado do centro visitou a seda de Afundación onde realizaron diferentes actividades dentro do programa: "Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios".
Concretamente o alumnado de terceiro de primaria participou na actividade "Pachakuti wawakuna", e o alumnado de quinto de primaria no que levaba por título: "Tinkukuy qhiswa".
Grazas á colaboración do CB Lucus, hoxe e mañá estará un técnico da Federación Galega de Balonman entrenando co noso alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria.
Hoxe no cole tivemos unha actuación de luxo; alumn@s de diferentes cursos dirixidos pola profe Chus fixeron unha adaptación da obra de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela". Pasamos un rato moi divertido, xa que o teatro cumpre coa súa función lúdica pero tamén é un interesante recurso didáctico con gran potencial educativo,é unha estratexia pedagóxica motivadora e unha ferramenta ideal para transmitir valores.
Estes días no cole somos máis😃 No Parvulario naceron 13 PITIÑOS
Os máis pequeniños foron os encargados de meter os ovos na incubadora á temperatura e humidade precisa
A espera fíxose longa e cada día contabamos no calendario os días que faltaban para que pasasen os 21 que tiñamos que agardar. Aproveitamos para facerlles unha casiña e poñela acolledora
Os nen@s de Infantil de 3 e 5 anos participaron nesta experiencia ofertada polo Concello e pensada para dar a coñecer aos nen@s o Mercado Municipal e a Praza de Abastos
As nosa compañeiras Celia Rodríguez Fernández e Lucía Latas Cabado veñen de proclamarse gañadoras do concurso "Que é a morte para ti?" cuxo obxectivo é expresar á realidade dun falecemento sen dramatismo. O premio consistiu en dúas entradas para o derradeiro partido do Cafés Candelas Breogán
O domingo 19 de Maio celebrouse no Casino de Astorga a Final dos Xogos Romanos, nos que o noso cole participa dende fai anos. Nesta ocasión David Nieto gañou na categoría Alevín co xogo do Muíño. NORABOA compañeiro🏆
Os xogadores do Breogán, Ricardo Uriz e Sergi Quintela estiveron no cole dando unha charla e contestando as preguntas dos alumnos de 5º e 6º de Primaria
Por segundo ano consecutivo os nenos e nenas de 6ºB gañaron o concurso de Correlingua, nesta ocasión foi na modalidade de vídeo; premede no seguinte enlace e veredes que ben merecido o teñen polo fantástico traballo e polo bos actores e cantantes que son.
Entrega do Premio de primaria do Correlingua:martes 9 de abril no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro en Pontevedra. Pola mañá fixeron unha visita guiada e un obradoiro no PAAR, logo xantaron alí e despois de xantar foron a Pontevedra, onde asistiron a unha sesión de contacontos.Os nosos compañeir@s desfrutaron do seu gran día como grandes artistas que son.
Hoxe o noso cole participou no concurso de Rosalía Sempre Viva que chega a súa quinta edición. Temos a honra de ser o único colexio de Galicia que ten participado en todas as edicións anteriores.
Na 1ª categoría os nen@s de 1ºA gañaron o primeiro premio recitando unha mestura de poemas de animais de Manuel María.
Na segunda categoría Bieito Martínez Bermúdez de 6ºB recibiu os parabéns do xurado pola dificultade da poesía que recitou: "Eu cantar, cantei" de Rosalía de Castro.
Esta primavera estamos moi viaxeiros; moitos de nós tivemos a oportunidade de achegarnos ao Centro de Interpretación do Río Rato e gozar dun paseo guiado pola súa beira. Da man de Puri, Marta, Ana e Pedro coñecemoso "Muíño do tendeiro"alí vimos todos os seus recunchos que agochan moita información arredor da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Vimos a sala do bosque, a sala do río, a sala das imaxes,.. e demos un fermoso paseo observando a biodiversidade, a natureza, e a paisaxe do noso río.
Hoxe celebramos o día da árbore da auga e da poesía, os nen@a de 6º fixeron de mestr@s de cerimonia falándonos un pouco das árbores que temos máis preto, fixeron unha fermosa poesía sobre o tema; plantamos dous bidueiros e rematamos lendo un manifesto no que nos comprometemos a coidar a natureza