viernes, 22 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL

0 comentarios
Para rematar o primeiro trimestre celebramos no Centro un festival de Nadal na que participaron diferentes cursos. Aquí podedes ver qué grandes artistas temos no cole! Noraboa polo traballo!

Alumado de 3 anos.


Alumnado de 4 anos



Alumnado de 3º A.


Alumnado de 4º A


Alumnado de 5º A


Alumnado de 5º B


Alumnado de 6º B

E por último aquí vos deixamos algunhas imaxes da decoración de Nadal do noso centro.

recantos de nadal


Dende o  Ceip de Albeiros desexámosvos a todos  Bo Nadal!!


viernes, 15 de diciembre de 2017

Ana Matnadze veu ao noso cole!!

0 comentarios
Unha campiona do mundo no cole de Albeiros.
Hoxe visitounos a xogadora de xadrez Ana Matnadze, Mestra Internacional e Gran Mestra feminina. Foi campiona do mundo Sub14, campiona de Europa Sub12 e Sub16. Na actualidade xogan baixo a bandeira epañola, proclamándose medalla de bronce no Campionato de Europa de Nacións celebrado en Creta.
Na súa visita xogou unha partida a cegas cunha nena de 5ºP.


lunes, 4 de diciembre de 2017

⚽Fútbol en inglés⚽

0 comentarios
Estes dous días antes da ponte, tivemos  a sorte de ter connosco un adestrador de fútbol afincado en Londres, que impartiu unhas clases de fútbol en inglés!

lunes, 27 de noviembre de 2017

Os de 4º no Museo de Lugo

0 comentarios
Hoxe os nenos e nenas de 4º de Primaria acompañados das súas profes visitaron o Museo da cidade e participaron nas actividades :
                                               - Viaxe polo Lugo Romano
                                               - Safari no museo

martes, 21 de noviembre de 2017

O CICLO DA AUGA

0 comentarios
Este ano, o noso centro volta a participar na elaboración do calendario "estiño". Neste caso tocounos facer traballos relacionados co ciclo da auga, e a verdade é que somos uns grandes artistas como podedes ver nas seguintes imaxes.

martes, 14 de noviembre de 2017

🐥BUFOS de outono🐥

0 comentarios
Este outono os bufos invadiron o noso cole

"non che teño medo, moucho.
moucho, non che teño medo!"

martes, 31 de octubre de 2017

DEBUXOS DE HALLOWEEN!

0 comentarios

FAI CLIC NA IMAXE PARA VER

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

0 comentarios
Para celebrar o Samaín no Centro, o equipo da biblioteca propuxo unha actividade colaborativa onde os maiores axudaban aos pequenos a realizar unha manualidade. Nos seguintes enlaces podes ver os seguintes cursos:

-3 anos A- 5ºA, 3 anos B-5º B, 2º- 5º B

-4 anos A-6ºA, 4anos B-6ºB, 1ºA-4ºA.

-1ºB-4ºB, 5 anos B-3ºB, 5 anos A-3ºA.

E tamén podedes ver ao alumnado de 5ºB recitando poemas de samaín no seguinte enlace:

POEMAS DE SAMAÍN 5ºB.


lunes, 23 de octubre de 2017

Saída ao Río Mera

0 comentarios
Os nen@s  de 5º primaria fixeron hoxe  un obradoiro para coñecer de primeira man o ecosistema dos ríos e así facer un consumo respectuoso da auga. 
En Orbazai, a carón do Río Mera, observaron a comunidade de seres vivos que viven neste medio natural. Axudados por biólogos descubriron as distintas especies que a conforman e analizaron o ph da auga. 

jueves, 7 de septiembre de 2017

jueves, 22 de junio de 2017

Os de 4º no Museo de Viladonga

0 comentarios
Os nenos e nenas de 4º de Primaria visitaron o CASTRO DE VILADONGA e participaron nun taller de barro


jueves, 15 de junio de 2017

🚌Os de 3º de excursión🚌

0 comentarios
Os nenos e nenas de 3º de Primaria fixeron unha andaina pola beira do Río
 Miño ao seu paso por Lugo e aproveitaron para visitar o estadio de fútbol
"Anxo Carro".

lunes, 29 de mayo de 2017

Revista Miuzallas

0 comentarios
O Colectivo Pedagóxico O ESTIÑO, co que colaboramos na elaboración do calendario solidario, ven de publicar a súa revista anual.
                                                            Preme na imaxe

viernes, 26 de mayo de 2017

Museo MELGA

0 comentarios
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria pasaron unha xornada moi entretida no Museo Etnolúdico de Galicia
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow created with Smilebox

jueves, 18 de mayo de 2017

Letras galegas 2017. CARLOS CASARES

0 comentarios
      O longo de toda a semana festexamos as Nosas Letras e homenaxeamos a   Carlos Casares dende os máis pequenos ata os máis grandes.                                                                                        


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Digital collage created with Smilebox

viernes, 5 de mayo de 2017

LUGOMÁXICO

0 comentarios
O xoves 4 algúns grupos de Primaria asistiron no Auditorio a actuación do mago Carlos Adriano

viernes, 28 de abril de 2017

Contacontos CRIS

0 comentarios
Hoxe os máis pequenos pasaron un bo rato coa contacontos Cris.


lunes, 24 de abril de 2017

miércoles, 19 de abril de 2017

Exposición " O MUNDO DOS SELOS"

0 comentarios
    Dende hoxe e ata o vindeiro venres pódese visitar na biblioteca do noso cole a exposición " EL MUNDO DE LOS SELLOS".
    No acto de inaguracón que tivo lugar esta mañá, entregóuselle o premio aos gañadores do concurso organizado para a ocasión.
   Durante estes días, todos os alumnos do centro visitarán a exposición e levarán a cabo diferentes actividades para coñecer a filatelia dun xeito didáctico e entretido.
   Mañá xoves pola tarde haberá xornada de portas abertas para que toda a comunidade poida visitala. 
                                 Agardámosvos!



martes, 4 de abril de 2017

De novo gañadores no EcoVoz

0 comentarios
Os nosos compañeiros de 6º de Primaria  participaron hoxe no  pase a semifinais, competiron contra o colexio Ceip San Marcos de  A Coruña  e GAÑAROOOOOON.
PARABÉNS!!

lunes, 20 de marzo de 2017

Rosalía sempre viva

0 comentarios
Un ano máis participamos no concurso de recitado poético"Rosalía Sempre Viva" organizado pola Casa-Museo Manuel María
Fixeron unha interpretación fantástica e gañaron unha tablet,

viernes, 3 de marzo de 2017

PLANETARIO

0 comentarios
Grazas á ANPA por promover, xestionar e financiar esta actividade.

sábado, 25 de febrero de 2017

 

O COLE DE ALBEIROS Copyright © 2012 Design by Ipietoon Blogger Template