martes, 17 de diciembre de 2013

Elixindo Xoguetes

0 comentarios
         Elixindo xoguetes
* O bombardeo de publicidade sobre os xoguetes nestas datas fan que as nenas e os nenos soliciten uns xoguetes concretos e dunhas marcas determinadas, ás veces chegan  uns segundos de contacto cos xoguetes nas tendas para que modifiquen as súas eleccións, pois non son como agardaban.
* O xoguete non é máis ca un intermediario no xogo, non debe facer todo el só, debe permitir crear situacións lúdicas diversas, desenvolver a fantasía dos nenos e a súa capacidade simbólica. Os xoguetes sinxelos estimulan máis a imaxinación.
* Cómpre elixir xoguetes seguros e adecuados á idade dos nenos.
* As nenas e os nenos deben xogar todo o ano e non só no Nadal, polo que non ten senso acumular todos os xoguetes nunha data.
*Unha cantidade excesiva de xoguetes, fai que non se lles dean o valor adecuado e rematen deteriorados antes do que sería lóxico.
* Un xoguete bo e educativo é igual de bo, para nenas que para nenos. Hai que procurar mercar xoguetes non sexistas.
* Un libro é un regalo que convén ter presente, hainos tan variados como se desexe e con temáticas tan diferentes como se precise. Existen abondosas coleccións e un abano amplísimo de prezos.
*Hai que ter en conta a súa personalidade: un neno ou nena retraído e tímido precisa xogos “socializadores” onde participen varios xogadores; para un meniño inquedo son máis axeitados xogos máis tranquilos: de atención, artísticos, etc.
* Non abusar de consolas, Tablets, móbiles,..lembren que nestas idades estas actividades  deben  estar suxeitas  a vixilancia e restrición do adulto.
* Recoméndanse; instrumentos musicais, libros, dominós de cores e formas, pezas de construción, diferentes tipos de pinturas, libros para pintar, debuxar, recortar,montar, xogos de imitación dos adultos (cociñas, bonecas, talleres,coches, camións, tendas,…), bicicletas, patíns, trens, contos,disfraces, monicreques, xoguetes articulados, …
 
Bo Nadal!
 

O COLE DE ALBEIROS Copyright © 2012 Design by Ipietoon Blogger Template